Kiko da Silva aborda a súa obra na Real Academia Galega de Belas Artes
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
PONTEVEDRA
![](https://img.lavdg.com/sc/CbS6iqW89cMdKrWFvtzskuJzT0U=/480x/2022/11/25/00121669369921884516371/Foto/I06F9141.jpg)
O ilustrador pontevedrés participa no ciclo «Artistas galegos. A autora e a súa obra»
25 nov 2022 . Actualizado a las 10:53 h.O vindeiro martes, a partires das 20 horas, o historietista, ilustrador e editor Kiko da Silva abordará o conxunto da súa obra nun relatorio que terá lugar na Real Academia Galega de Belas Artes, con sede en A Coruña. Deste xeito, o pontevedrés participará como convidado no ciclo Artistas galegos. A autora e a súa obra enmarcado nos Martes das artes.
Nesta ocasión estará acompañado por un dos grandes nomes da banda deseñada galega, Miguelanxo Prado.