Proxección en Pontevedra da última película gañadora dun Goya de Animación
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
PONTEVEDRA
![](https://img.lavdg.com/sc/cbAuxCZ0SPcMgJjCYCE3B0BaoWM=/480x/2022/11/25/00121669402922546494201/Foto/i25n2105.jpg)
26 nov 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
Entre as moitas actividades previstas para a xornada de hoxe atópase a proxección (12 horas), dentro da programación de Espazo Cinema, de Valentina, dirixida por Chelo Loureiro e gañadora do Goya á Mellor Película de Animación. Esta anunciada a asistencia de María Barro, do equipo de produción do filme, mentres que a asistencia e libre coa entrada do Culturgal ata completar o aforo.
Neste mesmo sábado, tamén está programada a exhibición ás 17 horas de Unicorn Wars, filme de animación de Alberto Vázquez, e de Eles transportan a morte, de Samuel L. Delgado e Helena Girón.