
Están proxectados dezaoito muíños xeradores de electricidade de douscentos metros de alto
26 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Este domingo, a partires das 18.30 horas, hai convocada unha asemblea na Casa do Pobo de Redonde para abordar a situación xerada polos parques eólicos de Acibal, Anduriña e Zudreiro no monte Acibal. Os impulsores inciden en que son tres os parques eólicos proxectados que implican a instalación de dezaoito muíños xeradores de electricidade de douscentos metros de alto, de tal xeito que toda a contorna quedará rodeada por estas instalacións ou polas torretas das liñas de alta tensión.
Neste sentido, precisaron que espazos tan singulares, como o Santuario dos Milagres de Amil ou mesmo o curro desta parroquia, así como numerosas vivendas e propiedades privadas quedarán afectadas por estes tres parques eólicos. «Terán iluminación nocturna parpadeante en varios niveis», así como «o seu ruído continuo escoitarase día e noite», engadiron, ao tempo que precisaron que o prazo para facer alegacións rematará o vindeiro 8 de marzo.