Danza para combater en Pontevedra os estigmas das patoloxías mentais

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

luis antonio ruiz roldan

O Pazo da Cultura acolle este domingo o espectáculo «DeMente»

11 abr 2023 . Actualizado a las 18:04 h.

Este domingo chega DeMente, de Fran Sieira Compañía de Danza, ao Pazo da Cultura de Pontevedra, «un espectáculo que combina o baile e a música tradicional con influencias contemporáneas para abordar o estigma das patoloxías vinculadas coa saúde mental», destacaron de a compañía. Tratase dun dos cinco espectáculos seleccionados para representar Galicia na 55 edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales de Colombia, recoñecida mostra de artes escénicas pioneira en Latinoamérica.

luis antonio ruiz roldan

DeMente pon en escena a oito bailaríns amosando a «evolución histórica que sofren e sufriron historicamente as persoas con trastornos de saúde mental: desde a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas». Deste xeito, á hora de concibir esta peza, Fran Sieira «fixo un minucioso traballo de investigación sobre as doenzas vinculadas coa saúde mental para levar a cabo este traballo: entrevistas con psiquiatras, psicólogas e enfermeiras do antigo Hospital Psiquiátrico de Conxo e da Asociación A Creba, entre outras».

luis antonio ruiz roldan

De igual modo, «tomou como referencia as vivencias persoais do seu avó afectado por demencia senil e do seu curmá, diagnosticado de esquizofrenia». E todo coa intención de «visibilizar a memoria histórica latente das persoas que, ademais de padecer unha doenza de saúde mental, sofren rexeitamento social e as consecuencias dos prexuízos».

As entradas para o espectáculo están dispoñibles en ataquilla.com dende 8 euros máis gastos.