Festival de Bandas de Música, no pavillón polideportivo de Barro

PONTEVEDRA

Participarán no certame a Banda de Santa Cruz de Ribadulla, a Banda de Música de Sanxenxo e a anfitrioa da velada, a Banda de Música Xuvenil de Barro

09 oct 2023 . Actualizado a las 10:32 h.

O pavillón polideportivo acolle, a partires das 17 horas, a vixésimo terceira edición do Festival de Bandas de Música. Na cita participarán tres destacadas bandas: a Banda de Santa Cruz de Ribadulla, a Banda de Música de Sanxenxo e a anfitrioa da velada, a Banda de Música Xuvenil de Barro.

Por outro lado, o evento estará presentado por Rocío Rodríguez Padín, presentadora de diversos programas en TVG e Tele5. «Este evento anual reúne a numerosas agrupacións bandísticas de toda a xeografía galega e é unha oportunidade única para gozar de programas musicais diversos que abarcan desde música orixinal para banda ata arranxos de obras de compositores».