Unha conferencia e visitas gratuítas ao CITA de Pontevedra polo Día Internacional dos Museos

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ramón leiro

O Museo Massó premite gozar da experiencia inmersiva «Unha salgadura que ven e vai»

16 may 2024 . Actualizado a las 19:02 h.

No marco do Día Internacional dos Museos que se desenvolve este sábado baixo o lema de Museos pola educación e a investigación, o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais de Pontevedra) levará a cabo unha serie de accións. Así, e segundo precisaron dende o concello, se habilitará a visita gratuíta para todo tipo de públicos no seu horario habitual de apertura de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

De igual xeito, ás 20 horas, Diego Piay Augusto, licenciado en Historia pola Universidade de Santiago coas especialidades de Historia Antiga e Arqueoloxía e doutor en Historia, disertará sobre A espada ao servizo da igrexa: vida e morte de Prisciliano.

A celebración do Día Internacional dos Museos, segundo destacan dende o Consello Internacional de Museos (ICOM) ten como obxectivo sensibilizar sobre o feito de que «os museos son un medio importante para os intercambios culturais, o enriquecemento de culturas, o avance do entendemento mutuo, a cooperación e a paz entre os pobos».

En Bueu

Pola súa banda, o Museo Massó de Bueu ofrecerá, tanto o sábado como o domingo, en horario de 11 a 14 horas, a posibilidade de gozar coa experiencia inmersiva a través do tempo denominada Unha salgadura que ven e vai.