A arte fotográfica de Xulio Gil, no Manuel Torres de Marín

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

«Intersercións» poderá visitarse todo o mes de maio

25 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo de todo este mes de maio, os apaixonados da fotografía teñen unha cita inexcusable co Museo Municipal Manuel Torres de Marín coa mostra centrada en Xulio Gil, fotógrafo e matemático ourensán. Baixo o título de Insercións, ten como denominador común das seis seccións coas que conta a mistura da natureza con elementos subxectivos para, deste xeito, acadar unha poética concreta nas súas imaxes.

CONCELLO DE MARÍN

A mostra conta con diferentes áreas nas que podemos atopar unha homenaxe á escritora Xohana Torres, intelixencia artificial no bosque, gastropatrimonio ou o mundo de Meijón, o cal ten que ver coas intervencións de José Meijón nos cons e pedras de Marín.