Luis López participa en Ciudad Real na Comisión de Deputacións

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Na cita analizáronse cuestións de interese común para todas as administracións provinciais do territorio nacional

28 oct 2024 . Actualizado a las 16:02 h.

Este pasado luns, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou en Ciudad Real na reunión da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, cita que foi promovida dende a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Foi unha sesión de traballo na que o dirixente pontevedrés participou pola súa condición de presidente provincial en Pontevedra e vicepresidente segundo da Rede Española de Cidades Saudables, organismo este último dependente da FEMP.

Dende a Deputación de Pontevedra destacaron o feito de que, despois de participar nos actos institucionais no pazo provincial de Ciudad Real, Luis López tomou parte na reunión da Comisión na que analizaron cuestións de interese común para todas as administracións provinciais do territorio nacional.