Concerto no Teatro Principal de Pontevedra do Obradoiro de Música Carlos Barruso

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Adrián Freiría

03 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este luns, a partires das 20.30 horas e con entrada gratuíta ata completar o aforo, o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso Big Band e Coro levará ao Teatro Principal de Pontevedra a maxia do jazz e da música moderna nun concerto único. Esta actuación encádrase dentro do ciclo Músicas para reCREAr que organiza a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra, en colaboración co Concello e forma parte do programa social do Congreso da Creatividade, que se desenvolverá este mesmo 4 de novembro e o martes 5 na Casa das Campás da cidade do Lérez.

Pola súa banda, a Big Band e o Coro do Obradoiro Carlos Barruso están integrados por músicos galegos e nacionais de recoñecido prestixio.