Antonio Manuel Fraga gaña o cuarto premio literario Pinto e Maragota con «Askja»

Cristina Barral Diéguez
Cristina Barral PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Sara Vila, de Xerais; Manuel Antonio Fraga, ganador del premio; y Anabel Gulías, concejala de Igualdade de Pontevedra
Sara Vila, de Xerais; Manuel Antonio Fraga, ganador del premio; y Anabel Gulías, concejala de Igualdade de Pontevedra ADRIÁN BAÚLDE

A novela que publicará Xerais conta a historia de amor entre dúas mulleres durante un confinamento en Islandia

27 nov 2024 . Actualizado a las 13:03 h.

Antonio Manuel Fraga gañou a cuarta edición do premio literario Pinto e Maragota, que concede anualmente o Concello de Pontevedra. Fíxoo coa súa obra Askja, unha historia de amor entre dúas mulleres que transcorre en Islandia durante un confinamento obrigado pola erupción dun volcán. Lévase 3.000 euros dun premio que busca visibilizar e dignificar a diversidade sexual e a publicación da novela por parte da editorial Xerais.

A concelleira de Igualdade, Anabel Gulías (BNG), dixo este martes que é unha honra que Antonio Manuel Fraga volva ser recoñecido polo xurado do galardón tras gañar xa no 2018 o premio María Victoria Moreno.

Sara Vila, responsable de comunicación de Xerais, agradeceu ao Concello e a Eva Mejuto a creación e mantemento deste premio, que permite que historias e persoas que sempre estiveron aí saian á luz, pero que non o facían por non ser hexemónicas. Dixo que Askja se publicará en xuño dentro da colección Narrativa.

Pola súa banda, o autor contou que Askja é unha historia de amor, un romance entre dúas mulleres, Ana e Karen, que se sobrepón sobre outras historias. «Hai un xogo de sedución a través da palabra, de desexar e amar dun xeito libre, pero tamén é unha novela na que se fala moito dos homes», relatou.