«Noa e a cidade sen maxia» gaña o sexto Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético
PONTEVEDRA
O xurado destacou o seu argumento, o deseño de personaxes, o manexo da cor e a súa estética
11 ene 2025 . Actualizado a las 16:11 h.A obra Noa e a cidade sen maxia, de Angie Roa, é a gañadora da sexta edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. O xurado estivo composto por Miguel Porto, Fernando Llor, Fernando Iglesias e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, así como por Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais.
Na súa valoración sobre o traballo escollido, o xurado destaca que «a obra combina fantasía e aventura e narra a historia de Noa, unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia».
Seguindo o argumento deste traballo, «a rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas».
O equipo do xurado engade que, máis alá do atractivo da historia, destaca «o deseño de personaxes, o manexo da cor, así como a utilización dunha estética, próxima ao webtoon coreano, e cun modo de narra moi contemporáneos.
Angie Roa, a autora de Noa e a cidade sen maxia, naceu no concello pontevedrés de Mos no ano 2000, e é alumna na escola de BD na escola O Graxae Hermético.