Proxeccións escolares no Museo de Pontevedra do filme «Castelao: de chumbo a verba»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

MUSEO DE PONTEVEDRA

15 ene 2025 . Actualizado a las 17:17 h.

O Museo de Pontevedra continua a conmemoración do Ano Castelao cunha proposta dirixida especificamente a centros escolares, de tal modo que, cada mércores pola mañá, do 22 de xaneiro ao 12 de marzo, o auditorio acollerá a proxección do filme Castelao: de chumbo a verba. Trátase dunha actividade dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, ESO e Bacharelato, polo que os centros educativos poden reservar data escribindo a educacion.museo@depo.gal indicando o nome do centro, o número de alumnado por niveis, a persoa de contacto, un número de teléfono e un enderezo de correo electrónico.

Castelao: de chumbo a verba é un documental ficcionado «no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política». Está dirixido por Miguel López e conta con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa.