Ultimas sesións en Pontevedra de «Cinema e sáude mental. O oficio de vivir»
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
PONTEVEDRA
![](https://img.lavdg.com/sc/VIzloFlZ7vNALXuI1X0SuiGKvw8=/480x/2025/02/10/00121739195641327255534/Foto/p_20250129_140848000.jpg)
As temáticas da inserción social e do suicidio centran as proxeccións e os coloquios do mércores e xoves no Teatro Principal
10 feb 2025 . Actualizado a las 15:02 h.Esta semana o ciclo Cinema e saúde mental. O Oficio de vivir desenvolve no Teatro Principal (19 h.) as dúas últimas sesións centradas nas temáticas da inserción social e do suicidio.
Impulsada pola Concellería de Benestar Social de Pontevedra e organizada polo colectivo Taller Abierto e Suso Novas, director de Novos Cinemas, este mércores proxectarase o documental Eu tiña unha vida, de Octavio Guerra. Após da contextualización e proxección do filme, haberá unha charla-coloquio do experto Pablo Braña con Suso Novas na que se profundará nos estigmas e prexuízos que arrodean as persoas en situación de exclusión social, en moitos casos tamén con problemas de saúde mental.
Posteriormente, o xoves exhibirase Xente corrente, de Robert Redford, filme que dará pé para falar do suicidio. Dende o Concello de Pontevedra precisaron que a experta que compartirá análise e reflexións sobre o tema será Estrela Gómez.