A mostra de Tato Heredia despídese de Pontevedra

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A evolución da mancha II, a exposición que Tato Heredia levou ao Palacete das Mendoza de Pontevedra despídese este domingo. Este sábado poderá visitarse de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, mentres que o domingo só no horario de mañá.

Nado en Pontevedra e fillo do tamén pintor Carlos Heredia, que se converteu no seu exemplo a seguir e foi quen lle deu consellos ata adquirir o seu estilo propio e inconfundible tras máis de 30 anos dedicándose á pintura, Tato Heredia aoita atopar a inspiración en Galicia «no sentido xeográfico, reflexando os costumes e as maneiras de vivir e de traballar das súas xentes, plasmados en paisaxes tanto rurais como urbanas», engadiron ao respecto dende a Deputación de Pontevedra.