
23 feb 2025 . Actualizado a las 05:05 h.
Con funcións ás 12 e ás 18.30 horas, a representación de Blancanieves, a cargo da compañía salmantina La Chana Teatro clausurará esta edición de Domingos do Principal. As entradas, a un prezo de 4 euros máis gastos, poden adquirirse en Ataquilla.com.
Esta peza propón un «espectáculo en verso que interpreta o conto dotando de humor e poesía visual e literaria, no que os protagonistas son representados por lámpadas e candelabros. Un auténtico xogo de volumes e tamaños», destacaron dende o Concello de Pontevedra ao respecto dunha obra galardoada co Premio Max ao Mellor Espectáculo Infantil, Xuvenil ou para Público Familiar 2023, entre outros moitos.