As comparsas e a recuperación do Entroido na Illa de Ons copan en Bueu o protagonismo das festas

Alfredo López Penide
L. Penide BUEU / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE BUEU

24 feb 2025 . Actualizado a las 17:14 h.

Este vindeiro venres e coa lectura do pregón a cargo das comparsas da vila, arrancará o Entroido de Bueu, uns festexos que rematarán o 15 de marzo co festival das comparsas no Centro Social do Mar. «Temos un Entroido vivo e dinámico ao que cada ano sumamos novas propostas para animar á veciñanza», sinalou este luns a concelleira Carmen García.

A titular de Cultura sinalou que, ao igual que en anos precedentes, apostouse por combinar a tradición e a modernidade con eventos para todos os públicos e nas tres parroquias. E todo iso, tendo en conta que as comparsas serán as grandes protagonistas, o que explica que estean programadas varias actuacións e festivais coa participación de Vou nun bou, Os do Pinsel, Os Mulos, Tinta Femia, Os Kantaclaro e As Faltriqueiras.

Tralo pregón, ao día seguinte, desenvolverase o quinto Festival de Comparsas de Cela na carpa do Adro da e actividades infantís na pista da Banda do Río. Pola noite, a carpa das Lagoas acollerá unha festa dos anos 80 coa actuación de XabiDJ. O domingo estará marcado pola recuperación do Entroido na Illa de Ons.