Tres grandes citas coa literatura da man de Kalandraka

PONTEVEDRA

LÓPEZ PENIDE

16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Cando xa comezou a conta atrás para unha nova edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, Kalandraka avanzou as novidades literarias destas datas. Así, neste mes de marzo publica Un ano enteiro. Tratase dun título que estaba inédito en castelán e galego firmado por un dos autores fundamentais para a editorial pontevedresa, Leo Lionni, do que xa ten publicado un amplo fondo da súa bibliografía.

LÓPEZ PENIDE

Tamén dirixido para primeiros lectores é Unha caixa misteriosa, co que Jordi Gastó e Christian Inaraja voltan a apostar por conxugar textos rimados con ilustracións, tal e como fixeran en Se che pica un mosquito ou Un gran día de pesca.

A terceira das novidades deste marzo é O tranvía número Flor, de Guia Risari e Federico Delicado. Con textos da primeira, que é profesora especialista en filosofía moral, as ilustracións do estremeño amplían o contexto para conxugados ambos para cuestionar o posible.