Unha conferencia e un obradoiro infantil no Museo de Pontevedra para homenaxear a Isaac Díaz Pardo

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

XOÁN A. SOLER

26 mar 2025 . Actualizado a las 09:53 h.

Co gallo de que o Día das Artes Galegas está dedicado a Isaac Díaz Pardo, artista e home de acción, figura fundamental da cultura galega do século XX, o Museo de Pontevedra programou o 3 de abril unha conferencia a cargo de Xosé Ramón Fandiño titulada Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso. Investigador e escritor, Fandiño é membro do padroado do Museo do Pobo Galego e foi estreito colaborador de Díaz Pardo, de quen escribiu a súa biografía Isaac Díaz Pardo. A patria enteira na memoria.

De igual xeito, o Museo levará a cabo o 6 de abril una obradoiro para nenos a partir de 6 anos, Creatividade e Tradición: Isaac Díaz Pardo e a súa Obra Plástica, tamén no Edificio Castelao. Trátase dunha actividade creativa na que os participantes farán un «percorrido pola traxectoria artística de Díaz Pardo e explorarán o seu universo plástico para recoñecer os trazos principais do seu estilo».

Este obradoiro será impartido por Taller Abierto e a inscrición abrese este xoves, a partires das 10 horas, a través do WhatsApp 617 340 323.