
Tras quince años de carreira profesional, a compañía pontevedresa Baobab Teatro despídese dos escenarios este domingo dende Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co seu espectáculo Luppo. Deste xeito, Óscar Ferreira e Andrea Bayer poñen punto final a unha traxectoria recoñecida con numerosos premios e nominacións, entre elas unha aos MAX de Teatro.
Deste xeito, dende ás 12.30 horas, o Pazo da Cultura de Pontevedra asistirá a derradeira representación desta «historia de amor, emocións e, sobre todo, chea de aventuras. A peza, un espectáculo de sentimentos e emocións pensado para adultos e pequenos a partir de 4 anos, fala do ciclo da vida, do apego coas persoas, da relación cos nosos veciños e persoas maiores e da importancia das historias que construímos ao longo da nosa existencia».

Con entradas aínda a venda a través de Ataquilla.com, coa representación deste domingo, que será moi especial, Andrea Bayer e Óscar Ferreira baixarán o pano da súa compañía para afrontar novos proxectos.
Resto da programación
Ademais da representación de Luppo, a programación deste domingo do Salón do Libro de Pontevedra inclúe, entre outras propostas, a Troca de Libros, na que participan 18 centros de educación infantil, primaria e secundaria, ANPAS e a Escola Oficial de Idiomas ou a proxección polo Cineclube Pontevedra no Teatro Principal (12 h.) de Dilili en París, de Michel Ocelot.
Por outra banda, dúas actividades están centradas nos bebés de 1 a 4 anos, o contacontos Instrucións para ir durmir, de Caxoto (11.30 h), e o obradoiro inmersico Lumière 2025, de Arkhé Espazo Educativo. Ademáis, está prevista a estrea de O camiño de Oz, de María Faltri,así como diversos obradoiros gastronómicos, de videoxogos ou no ámbito literario.