
Publicado en Pontevedra o terceiro volume de «Aller de Cerponzóns»
08 abr 2025 . Actualizado a las 16:37 h.O Centro Social de Cerponzóns acolleu a presentación do terceiro tomo de Aller de Cerponzóns, obra que continúa o traballo de recompilación histórica da parroquia, nesta ocasión centrado na década de 1960 a xaneiro do 1970. Así, recóllense novas de prensa da época, sucesos, avances e toda clase de informacións e historias.
Pero tamén transformacións que marcaron a vida dos veciños, como a chegada do teléfono, ata feitos históricos como o grave accidente de tren en Alba ou a construción da nova escola de Meán. Deste xeito, a través destas páxinas, búscase recuperar a memoria colectiva e achegala ás novas xeracións.

No acto, Juan José Esperón estivo acompañado por Liliana Casás, presidenta da AVV O Chedeiro, e José Ángel Vieitez, veciño de Meán e un dos nenos protagonistas da portada deste tomo. Foi un momento especial para afondar na historia de Cerponzóns e manter vivo o legado da nosa parroquia.