Inauguración en Sanxenxo da mostra «A camelia, flor das galegas e dos galegos»

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

10 abr 2025 . Actualizado a las 19:16 h.

O deputado Javier Tourís, xunto co concelleiro de Sanxenxo Juan Deza, inaugurou no paseo de Silgar a mostra itinerante A camelia, flor das galegas e dos galegos, que impulsa a Deputación de Pontevedra e a Sociedade Española da Camelia. A exposición percorre os concellos nos que se organizan mostras sobre a camelia para «promover, apoiar e contribuír, unha vez máis, con todo o que ten que ver coa exaltación da camelia. Unha flor con grande potencial económico, comercial e de emprego», sinalou o Javier Tourís.

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

A inauguración completouse coa degustación da marca TéAreeiro.