Pontevedra somérxese na tradición ancestral dos Maios

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ADRIÁN BAÚLDE

Distintos concellos gozaron das cántigas e composicións desta celebración

02 may 2025 . Actualizado a las 16:11 h.

Hai quen sitúa a súa orixe nunha festividade celta, mentres que outros a ubican nas civilizacións romanas ou, incluso, prerromanas. Do que non cabe dúbida é que a Festa dos Maios é unha tradición ancestral de gran arraigo na comarca de Pontevedra, algo que se reflectiu este xoves en distintos concellos onde se puido gozar das cantigas e destas composicións baseadas, principalmente, en fiúncho, ovos e flores.

ADRIÁN BAÚLDE

Pontevedra e Poio foron, probablemente, os máis madrugadores. No caso da cidade do Lérez, foi a historiadora María Vidal Solla a encargada de dar a benvida aos maios nunha cita na que estaba prevista a participarán de sete composicións. Deste xeito, a Asociación Cultural e Deportiva Campañó gañou nas categorías de maio, coroa e especial, mentres que o CEP Marcos da Portela fixo o mesmo na de cantigas e o CEP Campolongo alzouse co de interpretación. O premio do xurado recaeu, ex aequo, no de San Xulián e CEIP Froebel.

CONCELLO DE POIO

Catorce composicións participaron, pola súa banda, en Poio, onde Pequecheiro e Fontela se alzaron con triunfo na categoría de barco galego tradicional. Este último repetiu primeiro premio nas categorías de actuación e conxunto, este último compartido con Pitufeiro, que tamén gañou á mellor coroa. Pola súa banda, Ronsel foi recoñcido no ámbito das coplas e Maiolo no de maio.

CONCELLO DE POIO

Estaba previsto que a Festa dos Maios en Poio tivese continuidade, xa pola tarde, na praza de Chousa de Combarro organizado polo Ateneo Corredoira.

CONCELLO DE MARÍN

En Marín foi o Ateneo Santa Cecilia o encargado de manter viva esta tradición cunha exhibición na Alameda e o posterior Concurso de Maios e Embarcacións na Praza do Reloxo.

CONCELLO DE POIO

Pola súa banda, en Sanxenxo, o Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo organizou unha dobre cita na Praza Pascual Veiga e na súa sede.

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

Outro dos concellos no que os Maios non faltaron a súa cita foi Caldas de Reis con epicentro na Praza das Palmeiras e que repartiu 1.400 euros en premios. Así, o CPI Alfonso VII con Alfonsino hawaiano alzouse co primeiro posto ao mellor engalanado; Teenagers politiqueiros foi recoñecida como mellor copla; e o Maio moderno (As Pozas) do CPR San Fermín recolleu o premio á mellor interpretación, ademais de recibir un accésit do xurado polo mellor maio tradicional.