O Concello de Pontevedra inviste 11.500 euros en librarías locais para levar literatura galega a asociacións e centros educativos

La Voz PONNTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Forma parte das iniciativas englobadas no programa «Maio, mes da lingua»

30 may 2025 . Actualizado a las 19:52 h.

O Concello de Pontevedra destina unha partida de preto de 11.500 euros á compra de libros en galego que serán distribuídos entre centros de ensino e asociacións da cidade. O edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez Xunqueira (BNG), subliñou este venres que a adquisición de exemplares en galego se levará a cabo coa 17 librerías da cidade.

Acompañado de Cynthia Menéndez da Libraría Paz, Adriana Otero, de Cronopios, e Susana Álvarez de Nobel, o concelleiro sinalou que a iniciativa forma parte do programa municipal Maio, mes da lingua, e que o 800 exemplares que se mercan teñen como destinatarios 3 centros de educación infantil, 26 de primaria, 20 de secundaria, e 33 asociacións e centros socias. Ademais, algúns dos libros foron empregados como agasallos no certame Ben veñas, maio e outros terán como destino o propio servizo de Normalización Lingüística do Concello..

Cantareiras. A poesía popular nas Letras Galegas 2025 (Carlos Taboada), Galegas na música (Isabel Blanco Franco), Sei cantar e sei bailar (Eva Mejuto e Lucía Cobo), A avoa canta como a cotovía (Celia Díaz Núñez), Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras (María Lado), Ferreñas e Rock and Roll. Anecdotario sobre músicas galegas (Laura Romero e Iria Pedreira), Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega’ (Carlos Callón), As vellas de Mens (J.M. Fernández Pensado), Antífona da Cantiga’ (Ramón Cabanillas), Dinguirindiña (Ro Ledesma e Caldo), Fuliada na vila(Richi Casás), Pandeireteiras de Mens (Beatriz Busto), e Os camiños de Dorothé’ (Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva) foron os títulos escollidos este ano, tendo en conta a homenaxe ás cantareiras, pandereireteiras e a poesía tradicional oral no Día das Letras Galegas 2025. .