Folk no Alobre, un festival dos nosos para gozar en familia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTEVEDRA

O evento puido celebrarse, por fin, nunha xornada de atmósfera clara e amigable

29 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O parque Valdés Bermejo, en Vilagarcía, acolleu este domingo a que foi a novena edición do Folk no Alobre, un festival pensado a modo de romaría urbana co que a música e o baile tradicional botan raíces neste espazo verde que se agocha na trama da cidade. Un roteiro guiado polo carismático Xurxo Souto foi a primeira peza dun puzle no que se integraría pouco despios unha sesión vermú coas Armadanzas Montse Rivera e Mercedes Prieto. Logo do xantar popular, no que cada quen tiña que levar a súa propia comida, chegou a hora de levantarse da silla e comenzar a bailar. Primeiro, cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego da man de Rosa do Pombal. Despois, a partir das cinco, coa música dos grupos que protagonizaron os concertos: as Pandereteiras Pésdebarro, Os demos da petaca, Malvela, Abril, e Davide Salvado e Fransy González