20 oct 2025 . Actualizado a las 10:12 h.
Recoñecido co Premio María Casares 2025 ao mellor espectáculo infantil, a compañía Producións Excéntricas leva ao escenario do Teatro Principal de Pontevedra a súa obra Monstros nunha dobre función, ás 12 e ás 18.30 horas. A peza, enmarcada no ciclo Domingos do Principal, «reflexiona sobre aquilo que consideramos monstruoso e que tal vez por iso nos fai sentir terror. Pero faino desde o humor, porque a risa é o mellor antídoto contra o que nos asusta», destacaron engadindo «é unha visión terríbel, pavorosa. Intúense seres saídos dos peores pesadelos agachados entre as sombras. O nervio e o terror apodéranse do ambiente...».