Migallas Teatro pon en escena «Pegadas de Castelao» no Museo de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

17 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre o martes e o mércores, o Museo de Pontevedra programou tres funcións da obra Pegadas de Castelao, espectáculo dirixido a centros escolares de Educación Primaria que pon en escena Migallas Teatro. Esta peza, segundo indicaron dende a Deputación, «pretende difundir dunha maneira amena a figura e a obra de Castelao en todas as súas facetas: escritor, político, artista, promotor cultural...».

E para acadar este obxectivo combínanse diferentes técnicas dramáticas, dende monicreques de silueta e de luva e cabezudos inspirados nos debuxos e relatos do autor de Rianxo ata teatro, pantomima e cantar de cego. Todo acompañado por música en directo, con cantigas populares vinculadas á súa vida e obra.

Esta proposta forma parte da programación do Ano Castelao, que conmemora o 75 cabodano do intelectual galeguista e artista.

Premios Sociais

Por outra banda, a Deputación de Pontevedra ultima o prazo para a presentación de candidaturas aos segundos Premios Sociais, que repartirán quince mil euros repartidos en sete galardóns e tres categorías, que rematará o 21 de novembro.