Literatura e artes escénicas copan a porgramación cultural deste venres en Pontevedra
PONTEVEDRA
Presentacións literarias, artes escénicas e distintos eventos culturas copan a axenda cultural deste venres.
Cómic
Hoxe • 19 horas • Libraría Paz • Baltar Morgade, autor de banda deseñada, presenta Netchu o neno momia (Boulevar Ed.). Estará acompañado por Kiko da Silva.
Poesía
Hoxe • 19 horas • Museo de Pontevedra • O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (Olifante), da poeta Eva Veiga (Olifante). A autora estará acompañada por Malores Villanueva, Antón Sobral, Bernardo Martínez e Fito Ares.
Teatro
Hoxe • 20.15 horas • Teatro Principal • O Brumario Poético celebra a súa xornada de clausura coa representación escénica de catro obras curtas do dramaturgo José Ruibal Argibay: La secretaria, Los mutantes, Los ojos y El padre.
Arquitectura
Hoxe • 11 horas • Escola de Enxeñaría Forestal • Xornada na que diferentes expertos falarán sobre a historia e o proceso de rehabilitación do Pazo de Lourizán.
Contacontos
Hoxe • 18 horas • Espazo Lector Nobel • Con prazas limitadas, desenvolverase en Pontevedra o contacontos Unos monstruos deliciosos con Valeria Mederer.
Teatro
Hoxe • 20 horas • Instituto Illa de Tambo • O grupo de teatro Lúa Chea de Poio pon en escea a obra de teatro Resart - Residencia de artistas, «unha comedia emotiva musical sen música».
Cine
Hoxe • 29 horas • Colegio Inmaculada • Pre-estreno en Marín da película La red a cargo de BoscoVision ProduCinema, produtora de cine amateur e independiente. Rodada nas localidades de Vigo, Marín, Ponteareas e Fornelos da Ribeira (Salvaterra), e Gran Canaria (Puerto de San Agustín) está baseada nun feito real. Está dirixida polo vigués Ángel Fernández Prado. Ademais, estrenarase o episodio número 60 da serie Los Trotamundos, titulado El cofre vital, que caricaturiza as aventuras e fantasías de piratas.
Teatro
Hoxe • 21 horas • CEIP Manuel Cordo Boullosa • O ciclo +Escénicas chega ao Concello de Ponte Caldelas da man da compañía Sarabela Teatro e a súa obra A Cincenta que non quería comer perdices.