Astronomía e obradoiros de Nadal, este mércores en Pontevedra

PONTEVEDRA

OSCAR CELA

10 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais dunha charla sobre astronomía, Pontevedra inaugura unha mostra sobre o potencial da madeira de frondosas.

 

Astronomía

Hoxe • 19.00 horas • Libraría Paz • O editor de Ceos galegos (ceosgalegos.com), X. Dosi Veiga, impartirá a charla Astronomía nos ceos galegos para presentar o calendario mural Ceos Galegos 2026.

 

Obradoiros de Nadal

Hoxe • 10 horas • A Deputación de Pontevedra abre a inscrición aos obradoiros infantís artísticos de Nadal do Museo de Pontevedra. Están dirixidos a nenos de 5 a 12 anos de idade, con 15 prazas en cada quenda.

 

Exposición

Hoxe • 10 horas • Escola de Enxeñaría Forestal (UVigo) • Ata o 31 de decembro pódese visitar a exposición Do bosque á edificación.