Unha exposición amosa na Fundación Manuel Moldes como a figura «é unha presenza clave» na obra do artista pontevedrés
PONTEVEDRA
«A figuración é o eixo central que vertebra esta escolma de obras», destacan desde la fundación
11 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Se hai uns días a Fundación Manuel Moldes inauguraba a mostra Bicos de cine, este xoves abrirá, ás 19 horas, as súas portas a unha segunda mostra, Moldes dende a figura. Deste xeito, «a figuración é o eixo central que vertebra esta escolma de obras».
Dende a fundación precisaron que, aínda que o artista pontevedrés ten «no seu haber etapas tan abstractas como Vieiros ou os encerados de +O? , a figura é unha presenza clave» na súa traxectoria, ata o punto de que permite «estudar e comprender a evolución da súa pintura, así como a súa relación coa realidade que lle tocou vivir».
Moldes dende a figura establece un diálogo con Bicos de cine, onde a figura, con moita presenza na serie, propón unha relación con outro universo artístico diferente», engadiron.