Concerto de Sunil López Trío, no Outono de Jazz de Pontevedra

PONTEVEDRA

Sunil López, foto de archivo
Sunil López, foto de archivo

Tocarán temas do seu primeiro traballo discográfico, «Smoke gets in your eyes»

13 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado continua o ciclo Outono de Jazz programando na Praza da Peregrina (12.00 horas) un concerto de Sunil López Trío. En caso de choiva, está previsto que a actuación se desprace ata o palco de música da Alameda de Pontevedra.

Dende o Seminario Permanente de Jazz (SPJ) destacaron que Sunil López «é un dos novos valores do jazz nacional», de tal xeito que o pianista e compositor vigués acompáñase de Alex Touceda, ao contrabaixo, e Chus Pazos, á batería. En Pontevedra, «vén de presentar o seu primeiro álbum —Smoke gets in your eyes—, do que amosará algunhas cancións, pero tamén parte do material inédito no que está a traballar», engadiron.