Contacontos, animación, concursos e obradoiros, no Parque Ramal dos Galos de Bueu
![Alfredo López Penide](https://img.lavdg.com/sc/NKpMGimiaSDk5tloIymUM6TzPsk=/75x75/perfiles/175/1623322863108_thumb.jpg)
BUEU
![](https://img.lavdg.com/sc/mt__WpyCJfkvVyQf1ufaFcEE1io=/480x/2024/10/25/00121729887241648453246/Foto/P_20241025_220715000.jpg)
Outro dos concellos que arrancou a programación de Samaín este mesmo sábado foi Bueu, que desenvolveu distintas actividades en Bueu, Cela e o Estaleiro de Purro. No caso do 31 de outubro, centralizouse todo no Parque Ramal dos Galos, onde a partires das 16.30 e das 17.30 horas desenvolverase un obradoiro de elaboración de chapas terroríficas para o que se precisa inscrición previa a través de cultura@concellodebueu.gal.
Posteriormente, ás 18.30 horas, Caxoto leva o seu espectáculo Contos de medo que deixan durmir, así como haberá animación para decorar unha cabaza xigante, un concurso de cabazas e chocolatada cun trasfondo decorado de forma terrorífica para a ocasión. «Este ano decidimos organizar dende o Concello unha proposta para esta data que cada vez é máis importante», sinalou Carmen García, concelleira de cultura.