Unha ruta para coñecer as mulleres referentes de Bueu

BUEU

CONCELLO DE BUEU

15 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Co gallo do Día Internacional da Muller, o 8M, o Concello de Bueu e a Asociación A illa dos Ratos organizan este sábado, a partires das 10.30 horas, unha ruta para dar a coñecer a historia das mulleres deste municipio. «Necesitamos que a xente coñeza e identifique as mulleres referentes do Concello, pois é preciso moita didáctica para recuperar a historia agochada», sinalou a edil Laura Ogando.