Bueu celebra a derradeira xornada do Encontro do Millo Corvo

BUEU

A degustación ten lugar na carpa na Praza Massó

06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Bueu pecha este domingo a vinte e cinco edición do Encontro-Degustación do Millo Corvo, que se desenvolve este ano na Praza Massó.

As actividades deste domingo arrancarán ás 11 horas cunha andaina polos Muíños do Canudo guiada por Salvador Castro, mentres que ás 11.30 horas presentarase o documental Os millos ausentes, de Illa Bufarda, coa presenza de Celso Méndez, presidente do Ateneo Santa Cecilia de Marín. Xa ás 14 horas, actuación de O ETRAD Zanfona Ensemble, proposta na que a zanfona é protagonista.

Xa pola tarde, a asociación Amodiño fará unha sesión de xogos tradicionais en familia dende as 17 horas e, a continuación, Bea Campos presentará o contacontos Contos nas orellas, contos con música (18 h.). Acto seguido, a partires das 18.30 horas, Xavier Castro Pérez presentará o seu libro Ben mantidos, historia cultural da gastronomía galega. E como final de festa, dende as 19.30 horas, concerto a cargo de Silva Redonda.