Cynthia Menéndez presenta en Bueu «Son coma glaciares os barcos de aceiro»

BUEU

ADRIÁN BAÚLDE

03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Estaleiro de Purro, en Bueu, acollerá, a partires das 12 horas, a presentación de Son coma glaciares os barcos de aceiro, opera prima de Cynthia Menéndez, quen estará acompañada por Anxo González Guerra. Dende a Libraría Miranda destacaron que a propia autora sinalou que «coma un barco nunha botella, así quixen facer este ibro e metín dentro baleas, cuncas brancas tinguidas de viño tinto, melancolía, poemas, poemas de amor».

Dende a Editorial Galaxia resaltan que é «unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente, aos fillos e fillas do traballo e da dignidade, a través dos recordos dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical a finais dos anos noventa».