
23 abr 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
Con ocasión do Día do Libro, que se conmemora hoxe, o Novo Arquivo Municipal de Moraña acollerá, a partires das 12 horas, a presentación do libro Papel de estraza, de Fernando Salgado e Juan Otero. «O libro recolle os avatares históricos da Illa de Arousa, cuxo punto de partida é a forza do proletariado, xurdida tras a instalación das primeiras fábricas de conserva de Galicia e na que tamén ten cabida o labor fundamental dos mestres e das mulleres», precisaron desde o Concello. «O traballo apóiase nas causas xudiciais e recolle testemuñas recollidas en decenas de medios de comunicación, que trazan un retrato coral da loita pola xustiza e o desenvolvemento social», engadiron.