
21 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
A partires das 18.15 horas e con entrada de balde, o Edificio multiusos de Moraña acolle unha dobre sesión de proxeccións cinematográficas enmarcada no Ciclo Mestre Mateo, que promove a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Deste xeito, a sesión arrancará coa exhibirase de cinco curtametraxes, concretamente de Antes de que se poña o sol (Nani Matos), O coidado (Miguel Canalejo), To bird or not to bird (Martín Romero), O neno sardiña (Lucía Estévez) e Ulises (Félix Brixel).
Ao seu remate, os asistentes poderán gozar con O corno, filme dirixido por Jaione Camborda que se converteu na primeira película en galego en obter a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián.