Valga estrea novo obradoiro de emprego

La Voz

MORAÑA

Foi inaugurado esta mañá pola directora xeral de Formación, Zeltia Lado

27 ene 2025 . Actualizado a las 16:34 h.

Valga acolleu esta mañá a inauguración do obradoiro do emprego Ulla-Umia no que participa xunto cos concellos de Portas e Moraña. Ao acto celebrado no auditorio asistiu a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Xunta, Zeltia Lado, o alcalde, Bello Maneiro, e os alumnos que se formarán nos vindeiros meses nas especialidades de carpintería e traballos forestais.