Un cento de músicos toman o Curro da Amil

MORAÑA

18 may 2025 . Actualizado a las 09:55 h.

Preto de cen intérpretes daranse cita este domingo, a partires das 17.30 horas, no Curro da Amil, en Moraña, para participar no Concerto das Letras Galegas 2025. Neste marco incomparable, a actuación estará protagonizada pola Banda de Música Nova Lira de Moraña e pola Banda de Música Xuvenil de Barro, así como o alumnado das Escolas de Música de Barro e Moraña.

Con entrada libre, o concerto estará presentado por Rogelia Dos Outeiros, actriz e veciña da Amil, e artéllase arredor de tres eixos: «A irmandade entre as dúas bandas, a posta en valor do Curro como espazo patrimonial e a difusión do repertorio galego contemporáneo», destacaron ao respecto.