Arranca a Festa da Ameixa

La Voz

POIO

CAMPELO | A PARTIR DAS 12.00 HORAS

20 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A partir das 12 horas abrirase a carpa de degustación na praza da Granxa, que permanecerá aberta durante todo o día. Pola tarde, ás 18 horas celebrarase a quinta edición da Bandeira de Traíñas Concello de Poio coa participación de 16 embarcacións. Ao remate da xornada deportiva, ás 20.30 horas actuará a banda de gaitas municipal no recinto da festa. Posteriormente, será o humorista Farruco o que proceda á lectura do pregón das festas. Para rematar este primeiro día de festexos, a partir das 22.30 horas as orquestras Ledicia e Tango amenizarán a verbena. Esta festa durará ata o domingo.