![](https://img.lavdg.com/sc/5YStc44MQaJ1gmF-QK5ChcgZ1zY=/480x/2023/09/22/00121695404341627362104/Foto/P30L4713.jpg)
23 sep 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
O edil de Festexos do Concello de Poio, Fran da Silva, confirmou que este sábado, a partires das 22 horas, a da Festa na Honra á Virxe da Merced recupera a tradicional peregrinación nocturna. Sairá do atrio da Igrexa de San Salvador, dende a capela Virxe de Fátima de Campelo e dende a Igrexa San Roque de Combarro, para confluír as tres procesións no último treito do camiño, e percorrer conxuntamente o traxecto ata o Mosteiro.
As peregrinacións estarán acompañadas pola música da agrupación Vides Novas. E, tras a misa de medianoite coa actuación da coral San Xoán de Poio, comezará na Praza do Mosteiro unha queimada na que se repartira chocolate e rosca.