![](https://img.lavdg.com/sc/mN-anW1BzDyivfhjHjU2cLEgjbc=/480x/2023/10/06/00121696610282900642691/Foto/P01E2010.jpg)
As actividades desenvolveranse o luns e o mércores
09 oct 2023 . Actualizado a las 10:32 h.Este luns arranca en Poio o proxecto Mareas de Coñecemento, iniciativa que aglutina seminarios sobre historia e patrimonio e pilates destinados para as persoas maiores de 50 anos. Trátase dun programa gratuíto subvencionado pola Xunta de Galicia e encádrase na Rede Galega de Programa Universitarios para Maiores.
Así, o primeiro dos seminarios abordará esta lunes pola tarde no Casal de Ferreirós a Historia e patrimonio cultural de Poio, mentres que a segunda sesión será o mércores (16.30 horas) cunha visita práctica e percorrido polo conxunto histórico de Combarro.
Os interesados en participar nalgún destes dous seminarios poden anotarse presencialmente no Pazo Besada ou a través do teléfono 986 872 401.