Azúcar Moreno e Gustavo Almeida, na Festa da Ameixa de Campelo, en Poio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

Ramón Leiro

19 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Coa celebración este venres dun acto institucional no que se rendeu homenaxe aos promotores da Festa da Ameixa de Campelo e se entregaron a Ameixa de Prata a vinte mariscadoras e mariscadores das tres confrarías que traballan en Poio —Raxó, San Telmo e Lourizán— que se xubilaron ao longo do último ano, arrancou unha nova edición desta cita gastronómica de Poio, que terá continuidade ao longo de toda a fin de semana.

Ramón Leiro

Así, este sábado, ademais de poder degustar distintas preparacións de ameixas, poderase gozar na praza da Granxa dos concertos de Gustavo Almeida (21 horas) e Azúcar Moreno (23 h.). Previamente, sesión vermú con Terapia de Grupo (13 horas).