Rematan en Raxó as Festas de San Gregorio

POIO

16 mar 2025 . Actualizado a las 17:37 h.

Este domingo rematan en Raxó, Poio, as festas na honra do seu patrón, San Gregorio, cunha xornada especialmente adicada aos máis pequenos. Deste xeito, dende as 17 horas, desenvolverase unha festa infantil no peirao desta localidade amenizada polo grupo Skandal. Dende a comisión de festas sinalaron que o recinto da festa está cuberto por unha carpa.