Están establecidos premios para os tres primeiros clasificados en categoría masculina e feminina, así como para o adulto e menor mellor caracterizados
04 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Poio, en colaboración con Protección Civil, a Asociación de Veciños de Campelo e o Club Atletismo Illa de Tambo, pon en marcha a segunda edición da San Silvestre, que terá lugar na tarde do 31 de decembro entre Campelo e A Seca. O concelleiro de Deportes, Cándido Muíños, destacou que se trata dunha carreira pensada para gozar en familia, coas amizades e coa veciñanza, na que haberá sorteos, agasallos e unha chocolatada final.
As inscricións poden formalizarse en sansilvestrepoio@gmail.com. Están establecidos premios para os tres primeiros clasificados en categoría masculina e feminina, así como para o adulto e menor mellor caracterizados.