
O Pazo da Cultura, o Principal, o Museo e as prazas serán escenarios de concertos e outras actividades culturais
09 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Comeza a conta atrás para o novo Cantos na Maré que durante catro días -de xoves a domingo- tomará a cidade con máis de vinte espectáculos desde a mañá ata a noite.
Vítor Belho, de Nordesía Produccións, e Uxía Senlle, directora musical, fixeron onte un repaso do novo modelo deste Festival da Lusofonía, que ábrese a máis culturas, máis xéneros musicais e máis públicos con novos contidos e novos espazos.
Á habitual sede central Pazo da Cultura, tanto no Auditorio coma na explanada exterior, súmanse os escenarios os escenarios do Teatro Principal, o Sexto Edificio do Museo, A Ruínas de San Domingos e algunhas prazas do centro histórico.
Inauguración
O xoves 11, Teresa Salgueiro, unha das grandes figuras da música portuguesa das últimas décadas, ofrecerá no auditorio do Pazo o concerto inaugural, as 20.30 horas.
Neste mesmo escenario o venres 12, as 20.30 actuará a Cesárea Évora Orchestra de Cabo Verde. E no exterior do Pazo, soarán de seguido as rapeiras portuguesas Capicúa e Eva Rap Diva, xunto con Wöyza; Vudú; MC & Nación Quilombo e Dj Phonorama.
Tamén dentro e fora do Pazo, o sábado 13, escoitarase ao trío galego Os Meninos; á mozambicana Selma Uamusse; o brasileiro Chico César; a galega Mercedes Peón, e o rock e o kuduro de Thores & The Shine (Portugal /Angola).
O Teatro Principal acollerá o venres e o sábado as actuacións matinais de Mario Lúcio (Cabo Verde) e Julio Pereira (Portugal); o proxecto Coladera liderado polo brasileiro Marcos Suzano, e Eladio y los Seres Queridos.
A todo elo hai que engadir o amplo programa de actividades que se desenrolarán no Museo: unha perfomance coa que rematará un percorrido polos fondos de Castelao que atesoura o Museo; un pequeno ciclo de cine sobre outras personalidades destacadas da lusofonía, e a presentación do Coro Aires da Terra, coa participación dos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Ademais, a Banda de Música de Pontevedra tamén estará presente en Cantos na Maré cun concerto que terá como escenario as Ruínas de San Domingos. E na Praza da Vedura haberá cantos de taberna e contacontos.
O festival clausurarase o domingo no Pazo co espectáculo Ath-Thurdâ, promovido polo concello de Évora como candidato a Cidade Europea da Cultura, no que participan Kepa Junkera, Uxía, Selma Uamusse e Chico César entre outros.
As entradas para os concertos de pago están á venta Ticketea ou en Eventbrite, desde 9 euros ata 50 euros o abono.