Afundación de Pontevedra, escenario dun conto musical baseado na lenda da «Cerva branca»

PONTEVEDRA CIUDAD

12 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Cerva branca, a composición que se estrea este domingo no auditorio de Afundación de Pontevedra no marco do ciclo Do silencio á emoción III, foi creada polo músico vigués Brais González a partir dunha lenda tradicional dos Ancares. De acordo coa tradición oral, a filla dun nobre local, chamada Aldara, desapareceu logo de namorar e se prometer cun mozo da bisbarra. Anos despois, cando o seu irmán está nos montes e atopa unha cerva branca, decide cazala. A cerva era realmente a moza: cando xace morta, convértese en Aldara.

No escenario estarán os músicos de Camerata Arven acompañados dunha narradora e un narrador. Tamén unha pantalla na que se proxectan imaxes.