Arantza Portabales, autora de «Asasinato na Casa Rosa»: «Agardo que haxa máis xente morrendo en Loeiro»

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

RAMÓN LEIRO

A autora donostiarra regresa aos escenarios da súa infancia: «Non me sinto cómoda senón transito por lugares físicos coñecidos»

01 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ten claro que quen se adentre nas páxinas de Asasinato na Casa Rosa atopará «un escenario completamente coñecido para a xente de Pontevedra, como é a praia de Loira, pero evidentemente Pontevedra aparece. Toda esa zona está moi presente na novela. Temos unha nova novela que é case un spin-off de A vida secreta de Úrsula Bas, que xa viamos aí a Pontevedra e agora recupero a súa Comisaría, ao comisario Veiga, o inspector Araújo e unha nova investigadora que teñen que descubrir que pasou nunha casa rosa dun magnate na praia de Loira, que no libro chamase Loeiro», apunta Arantza Portabales (San Sebastián, 1973), quen pasou esta semana pola libraría Cronopios de Pontevedra.

—Tense anunciado que é o comezo dunha nova saga.

—Isto anúnciao as editoriais, que lles encanta. Quedaron tan encantadas coa novela e coa investigadora. Imaxino que si porque estiven comodísima, paseino superben. Encantoume volver á praia da miña infancia. Para min, todo que sexa volver á Pontevedra é volver a casa. Agardo que si, agardo que haxa máis xente morrendo en Loeiro.

—Polo que vexo, imos atopar a vellos persoeiros bastante coñecidos polos seus lectores?

—Si, si. É como unha especie de spin-off de Abad e Barroso e, polo tanto, hai como unha especie de cruce. Falase de Abad e Barroso, falase do comisario Veiga, hai esta interacción coa Comisaría. Gústame non saírme do universo Portabales.

—Abad e Barroso, polo que interpreto, aparecen en boca de outros ou tamén saen en «Asasinato na Casa Rosa»?

—Non vamos a mentir aos fans de Abad e Barroso, non saen Abad e Barroso. Non saen Abad e Barroso, non imos mentir pero estou supercontenta porque todas as recensións que están saíndo están transmitindo: «Pensei que ía a votar de menos a Abad e Barroso, pero esta gustoume moitísimo». Co que, misión cumprida que é que os fans de Adad e Barroso se sintan satisfeitos coa nova investigadora.

—Á hora de escribir unha novela como esta, é máis cómodo acudir a escenarios coñecidos o prefire inventalos?

—Non é que me sexa máis cómodo, é que non son quen de facelo doutro xeito. Teño moi pouco tempo para investigar e non me sinto cómoda senón transito por lugares físicos coñecidos. Por iso a miña primeira novela transcorreu en Teo, en Cacheiras, que é onde eu vivo e a Comisaría está en Santiago, que é o meu día a día dende hai moitos anos. É verdade que Loira, por exemplo, xa saíu en O home que matou a Antía Morgade e saíu tamén en Deixe a súa mensaxe despois do sinal. Gústame recorrer os escenarios que coñezo e Loira para min é un escenario da miña infancia, de cando viña de vacacións a Galicia porque eu vivía no País Vasco.

—E está moi cambiada á praia de Loira da súa infancia?

—Miña nai é de Loira, os meus tíos viven alí, aínda que é verdade que non temos casa alí, pero non teño que ir para investigar. Aínda estiven comendo coa familia en agosto, pero si que mudar, mudou. Pero non tanto. No núcleo da vila, as casas son as que eran. O si que é verdade e que no Loira que eu recordo esa praia rompía por onde lle petaba ao mar e agora está aí esa reconstrución que fixeron cuns bloques, pero, en esencia, sigue sendo a vila da miña infancia.

—Que é máis dura: a crítica dun lector ou a dun crítico literario.

—A min só me importa o que din os meus lectores. Para empezar, porque son os que invisten o seu tempo e os seus cartos sen que lles vaia o traballo nel. Estano facendo porque queren e esa é a xente que a min me importa. Os críticos tamén son importantes porque lle dan un pulo a túa carreira. Pero non se lle pode gustar a todo mundo. Haberá xente á que non lle guste. Hoxe había unha recensión negativa, que son todas superpositivas, e fun mirar o que poñía. Poñía «es muy largo». Pois non merques un libro de 440 páxinas. Dáme moita magoa porque podía dicir «fíxoseme pesado, fíxoseme longo, pero non ‘es muy largo’». Bromas aparte, é verdade que a un impórtalle que a xente que inviste o seu tempo e os seus cartos, ou só o seu tempo porque as bibliotecas públicas tamén están aí, tendo en conta a oferta de ocio que hai, que os escritores estamos competindo contra as plataformas de televisión, paseo ben. E vou coa verdade por diante e o que ven a miña literatura tentando pasar un rato agradable, esa opinión que a min realmente me importa.

—E nestas alturas, que «Asasinato na Casa Rosada» acaba de saír, podemos falar de próximos proxectos ou é moi cedo?

—Home, imaxino que vira outro Crime en Loerio —nome que recibiu esta nova saga—, pero sempre vou facendo outras cosas que non sempre saen ou que quedan gardadas para despois. Tampouco me gusta moito facer proxectos. Lembro unha vez que estaba facendo unha entrevista dicindo que ao día saía para Milán para facer a xira italiana de Beleza vermella e inda estou esperando porque chegou a pandemia. Vamos falar deste libro, esa é a mensaxe. Vamos gozar porque parece que sempre temos que vivir no futuro e vamos vivir no presente, que está sendo moi gozoso con esta novela.