O Vilalonga recupera esta noite o partido adiado co Valladares

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

SANXENXO

Alberto Mariano dispón do seu pichici, Marcos Blanco, de volta

05 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Vilalonga desprázase esta noite a Vigo para medirse, desde as nove no sintético da Gándara, o Valladares. Trátase do partido da xornada 12 de Liga de Tercera RFEF fixado para o 24 de novembro e adiado pola alerta laranxa por temporal que levou o Concello de Vigo a suspender a actividade deportiva ao aire libre no municipio.

Alberto Mariano, técnico do pechacancelas Vilalonga, recupera ante o décimo cuarto clasificado o seu pichichi, Marcos Blanco, tras a súa sanción por acumulación de tarxetas, pero onte manexaba media ducia de dúbidas por problemas físicos.