Historia dun brinde

Carmen Sánchez Rey

RELATOS DE VERÁN

16 ago 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que non tomo alcol, hoxe vou brindar. Vou facelo polas que non poden.

Hai moitas situacións da vida que hai que celebrar, por exemplo sobrevivir ás coiteladas que se cravan no corazón sen que o atravese a folla de aceiro, ou as patadas na alma que se dan co pé quedo.

Vou brindar por tódalas putas, inútiles e tontas que o son nas linguas envelenadas de quen llo chama. E o veleno, xa se sabe, por onde pasa, arrasa. Hai ríos de veleno que van parar a mares onde as augas se axitan de maneira violenta en ondas de cor púrpura baixo o ceo da desesperanza.

Ás veces ese ceo é atravesado por unha raiola de sol que vén a dicir: berra, para que alguén te escoite e poida brindar contigo nun vaso cor esperanza. Brindemos pois, as dúas.

Carmen Sánchez Rey. 52 anos. A Estrada.