Portugal, o mellor destino turístico

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

EL RENACER DE PORTUGAL

VÍTOR MEJUTO

29 ene 2018 . Actualizado a las 12:12 h.

Os World Travel Awards, considerados como os Oscar do turismo, elixiron a Portugal como o mellor destino turístico do mundo, superando amplamente ás candidaturas de Brasil, as Illas Maldivas, Estados Unidos, Grecia, Marrocos, Vietnam e España. Lisboa foi elixida como mellor destino para escapadas urbanas e agora Porto convértese na gran urbe do noroeste coas infraestruturas como motor. O porto de Leixões duplica en movementos de mercadorías aos cinco portos máis importantes de Galicia e o aeroporto de Sá Carneiro move seis millóns máis de pasaxeiros que a suma dos tres aeroportos galegos, dos cales se estima que un 11 % son galegos; ou sexa, 1,18 millóns en 2017. Este último dato non me sorprende porque a maioría dos meus amigos galegos hai anos que viaxan ao resto da península e a Europa desde ese aeroporto. O Porto gañoulles a partida a Vigo e A Coruña como gran cidade do Atlántico Norte. Sen dúbida é unha cidade bonita, moderna e segura, pero hai outras razóns, e o alcalde da cidade non dubidou en manifestalas: «O noso liderado no norte do país é indiscutible, mentres en Galicia sempre houbo o debate e a pelexa entre A Coruña, Vigo e Santiago polos investimentos e os proxectos». En Galicia o refrán «divide e vencerás» funcionou para favorecer ao rival veciño. E hai outra causa pola que alcanzou ese liderado, tamén subliñada polo alcalde portugués: o sentido de unidade nacional e dunha tradición histórica común. Pois a ver se tomamos nota.